Non podes pagar a hipoteca e temes perder a túa vivenda? Tes dúbidas co teu aluguer? Pensas que na empresa na que traballas está a cometerse algún abuso contra ti e/ou as persoas coas que traballas? Estas a sufrir acoso por parte dalgunha persoa da túa contorna? Preocúpanche estas inxustizas e queres loitar contra elas?
Chámanos ao teléfono:653579566
Escríbenos a: redesolidariacompostela@hacari.net
Cada vez máis persoas vémonos privadas dos nosos dereitos fundamentais (vivenda, traballo, liberdades, etc.). Todo isto estanos a servir para aprender unha valiosa lección: ninguén vai velar polo teu benestar e o da túa xente, así que se queres que se respecten os teus dereitos tes que pelexalos. A experiencia estanos a ensinar que se nos unimos e organizamos, apoiándonos as unhas ás outras, podemos plantalles cara.
Por todo iso un grupo de veciñas e veciños de Compostela, seguindo o exemplo doutras redes de axuda e solidariedade, creamos a Rede de Solidaridade Compostela (RSC).
Un novo espazo onde buscar asesoría e apoio. Porque ante as inxustizas as persoas non estamos soas.