Cómo funciona a RSC?

Que é a RSC?
A Rede Solidaria de Compostela (RSC) é unha rede solidaria de persoas, na que todas e cada unha das persoas que a compoñen achegan a súa experiencia, coñecementos ou simplemente as súas ganas para intentar solucionar diversos problemas cos que temos que enfrontarnos hoxe en día calquera de nos, xa sexa problemas relacionados coa hipoteca, vivenda social, abusos dentro do noso centro de traballo ou calquera outro abuso proveniente da sociedade na que vivimos: inxusta e insolidaria.

Quen compón a RSC?
Un colectivo de persoas con nomes e apelidos que teñen como obxectivo primordial crear unha rede de apoio mutuo que permita actuar contra determinados abusos da vida cotiá.

Non todas as persoas que compoñen a RSC teñen problemas laborais ou de vivenda, pero o que está claro é que ningunha de nós estamos a salvo de sufrilos, por iso é moi importante estar unidas para que cando o sistema nos golpee, poidámoslle parar o golpe e porque non, atacalo!

Como funciona a RSC?

Todo decídese de forma horizontal dende unha asemblea composta por todass as persoas que a integran, con ou sen problemas laborais, de vivenda ou cotiás. Mesmo a admisión de novos casos ten que decidirse na asemblea, para ver entre todas as persoas que a formamos se temos posibilidades de poder levar a cabo o novo caso formulado.

Non facemos milagres, todo require un tempo de estudo e de ir paso a paso, por iso recomendamos acudir canto antes e non cando xa non haxa remedio, é dicir, anticiparse na medida do posible, a un futuro problema.

Hai persoas que acoden á RSC para solucionar o seu problema e unha vez que o devandito problema está resolto, xa non volven acudir nin ás asembleas, nin aos acompañamentos, nin ás convocatorias, etc. Para estas persoas recomendamos que acudan a outro tipo organización, xa que iste funcionamento asistencialista e de caridade choca frontalmente coa nosa idea de apoio mutuo e solidariedade.

Non damos caridade, na RSC cada persoa é participe na solución do seu propio caso como dos casos das demais integrantes, deste xeito o que poderiamos denominar “persoas afectadas”, non é tal, xa que dende o primeiro momento no que entra na rede de apoio mutuo é parte activa desta, e entre todas as persoas que a formamos intentaremos solucionar o seu problema e do mesmo xeito axudará a solucionar o das demais compañeiras e compañeiros.

Non pedimos nada a cambio, o único acudir ás asembleas, asistir aos acompañamentos e convocatorias, sempre e cando sexa posible, xa que todas temos máis vida fóra da RSC, aínda que si pedimos certo grao de compromiso.

Ao principio todo poder parecer moi difícil e que a solución dalgúns casos é imposible, pero coa axuda de toda a xente que participa chega un momento no que adquirimos unha aprendizaxe baseada na experiencia e nos talleres de laboral, de vivenda social, violenica, bancos, etc., que tentaremos organizar cada certo tempo.

Obxectivos da RSC?

Non temos un fin último, pero o noso principal obxectivo é chegar a ter unha rede de apoio mutuo o suficientemente importante, baseada nun forte compromiso do maior número de persoas posible, que nos permita contrarrestar o gran poder dos nosos principais inimigos (Bancos, IVIMA, EMVS, Empresas que vulneran os dereitos de traballadoras/es, etc.) que por moi fortes que parezan, se nos ven con unión e coa cabeza ben alta, a nosa loita será moito máis doada.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s